Blogia
Andresadas

A televisión

Onte, agora, sempre... Contra a tortura policial!!!!

Onte, agora, sempre... Contra a tortura policial!!!!

Descarga este vídeo para ver a realidade cos teus propios ollos!!!!

En Iruña, uns xoves trataban de mostrar a súa opinión de xeito pacífico contra o derrumbamento dun edificio histórico pamplonica... Os cánticos e as pancartas destes rapaces non supuñan ningunha ameaza contra ningún navarro ou navarra, e moito menos contra ningún membro do corpo de policía, o cal actuou bombardeándoos con gases lacrimóxenos e lanzando pelotas de goma (non vos imaxinades á velocidade á que sae despedida esa bola e ademáis o peso que ten)...

Máis tarde, unha moza e o seu pai dispoñíanse a voltar para o seu fogar, cando un cordón policial obrigounos a recúar... Unha pequena discusión acabou con feridos, tanto o pai e a filla, coma todos aqueles e aquelas que trataban de auxiliar ós feridos e de chamar a ambulancia...

Que ameaza supón para un policía, armado con pistola, porra, casco, escopetas de goma e gas lacrimóxeno, un cidadán que se dispón a voltar o seu fogar a descansar, a limpa-lo chan, frega-la louza ou desfrutar do mero placer de estar no teu lar? A ETB tratou de rexistrar tódalas imaxes posibles, pero o impedimento das "forzas de seguridade do estado" non permitiu que iso fora posible...

Este é un caso coñecido debido a que foi difundido polos medios de comunicación, pero... Cantos casos se dan no noso país ó ano? Cantas cargas policiais son "necesarias" segundo o goberno para evitar disturbios? A continuación propóñovos unha páxina na que poderedes atopar máis información cara este tema...

Clica aquí para acceder a klinamen... Contra a tortura policial

"Con educación, sempre con educación..."

Descarga aquí o vídeo no que Luar se volve reivindicativo

 

Gayoso estivo descoñecido... Ninguén ía imaxinar que unha protesta podería ser levada a cabo nun programa da Televisión de Galicia... E moito menos no Luar, un dos programas de máxima audiencia da canle. Pero basta xa... Non podiamos máis... As protestas nas rúas resultaban banais e superfluas para os de Madrid... Non nos tomaban en serio... Pero pequenas manifestacións coma esta, ían que o berro NUNCA MÁIS! fora collendo forza. Porque se non apareces na televisión, casi non existes... Agora ou saes nos mass media ou non es ningúen... Internet, a televisión, os medios impresos de relevancia... Se eles non te dan importancia, parece que non a tes...

"Duffman, no puedo respirar"

"Duffman, no puedo respirar"

Descargate a Duffman sen poder respirar...

Neste coñecidísimo episodio, Moe decide facer a ciruxía estética para cambiar de aspecto, xa que o seu deixa moito que desexar... Decátase disto, logo dunha competición de bar-man, na que el sae victorioso... O premio sería aparecer no calendario que esta compañía cervexeira publica tódolos anos... Pero Moe descubre que no mes de Outubro en lugar de aparecer a súa faciana, aparece unha pegatina de Duff... Indignación absoluta... Tras esa pegatina, outra... E outra... E outra... Non había maneira... A solución era a ciruxía... Decídese vingarse de todos aqueles e sobre todo, aquelas que o xuzgaran polo seu físico... O primeiro deles, foi Duffman... A través deste vídeo podemos ve-las consecuencias que trae a vinganza de Moe...

pedrosa

gana

Eto´o fai o Neng pero o Barça acaba empatando...

Eto´o fai o Neng pero o Barça acaba empatando... O Barça deixou escapar en Riazor unha victoria que tiña no seu peto tras remontar un marcador adverso de 1-0, tanto marcado por Juan Carlos Valerón no minuto 8 de partido. O Barça foi superior ó Deportivo durante todo o partido, recordando en moitas ocasións a aquel Barça campión de Liga. O xogo foi brillante, sobre todo polas súas dúas grandes estrelas: Ronaldinho y Samuel Eto´o... A celebración de Eto´o foi a esperada... Prometéralle ó Neng de Castelfa, unha celebración especial, bailando coma o personaxe de Buenafuente, co seu típico aleteo de mans.

Despois do gol de Eto´o, Ronaldinho remata unha grande xogada persoal, desbordando a Manuel Pablo cunha cola de vaca, e batendo de disparo cruzado a Molina... O Barça ía ó descanso cunha vantaxe dun gol.

Nada máis comeza-la segunda parte, Ronaldinho volveu inqueda-la meta de Molina, cun forte disparo que marcha desviado. Logo, o Barça, en teoría, mata o partido. O árbitro pita un penalti máis que riguroso a Molina por falta a Deco... Ronaldinho remata a faena cun potente disparo no que nada pode facer o gardameta branquiazul...

O Barça tiña a victoria no peto, e puido conseguir máis goles... Un pase sen mirar de Ronaldinho a Eto´o remata sendo repelido polo pao dereito da portería deportivista, e minutos máis tarde, Deco remata unha volea que a piques está de entrar por toda a escadra. Pero os galegos espertaron... Munitis cunha excelente xogada persoal, acomodando o balón cara a súa perna esquerda, bate a Valdés, un gol, creo, dos millores da súa carreira, a pesar de que el quedou só celebrando o tanto. O Depor continúa asediando a meta blaugrana, cando no minuto 40 da segunda metade, Rubén Castro, tras un disparo de Taborda que bate no poste esquerdo de Valdés, culmina a remontada, logrando o punto para a Deportivo. Para os galegos, ledicia; para os cataláns, vergonza por non matar un partido que tiñan gañado...

dsadasdsad

asdasdasadsdas

Porque os tios son os xefes e as tias unhas putas?

Porque os tios son os xefes e as tias unhas putas? Neste artigo trato de reflexar como continuamos vivindo nunha sociedade machista. Entre os xoves, hai unha diferenza clara no que respecta á educación sexual. Os homes son os que dan o paso, os que van decididos á rapazaque queren e que lles gusta,para cortexala, conquistala e namorála . Elas, deben esperar a que o home dea o paso para poder falar, flirtear e despois... o que xurda. Esta é a imaxe que a sociedade ten que deberia ser o sexo entre os xovens.
Pero enganan-se. A mocidade deberia poder difrutar do sexo, sen que haxa barreiras, obrigas nen ridículos códigos de conducta. Hoxe en dia, a muller fai un uso maior da sua liberdade neste esquema de relazóns, e, en moitas ocasións, isto non é ben visto pola sociedade. Son as próprias mulleres, na maioria dos casos, as que son machistas.

- Fulaniña se lió o luns con Javier, e o xoves estaba con Esteban.
- , Que Fulaniña fixo tal cosa? ¡ Miúda puta!

Este tipo de comentários son frecuentes, e en moitas ocasións, realizados e criticados polas mulleres. Agora poñamos o caso de que Esteban praticase sexo con tres mulleres diferentes nunha semana. Cais serian os comentários que se farian sobre el? Os homes dirian:

- Ey tio, , inteirache-che de Esteban? O que chefe! Con tres tias en seis dias

Sen embargo... , Cais serian os comentários das rapaces? Gostaria-me que expusiérais as vosas opinións sobre este tema. ¿ É certo iso? Debemos ser os homes, os que deamos o primeiro paso?...

Porque os tios son os xefes e as tias unhas putas?

Porque os tios son os xefes e as tias unhas putas? Neste artigo trato de reflexar como continuamos vivindo nunha sociedade machista. Entre os xoves, hai unha diferenza clara no que respecta á educación sexual. Os homes son os que dan o paso, os que van decididos á rapazaque queren e que lles gusta,para cortexala, conquistala e namorála . Elas, deben esperar a que o home dea o paso para poder falar, flirtear e despois... o que xurda. Esta é a imaxe que a sociedade ten que deberia ser o sexo entre os xovens.
Pero enganan-se. A mocidade deberia poder difrutar do sexo, sen que haxa barreiras, obrigas nen ridículos códigos de conducta. Hoxe en dia, a muller fai un uso maior da sua liberdade neste esquema de relazóns, e, en moitas ocasións, isto non é ben visto pola sociedade. Son as próprias mulleres, na maioria dos casos, as que son machistas.

- Fulaniña se lió o luns con Javier, e o xoves estaba con Esteban.
- , Que Fulaniña fixo tal cosa? ¡ Miúda puta!

Este tipo de comentários son frecuentes, e en moitas ocasións, realizados e criticados polas mulleres. Agora poñamos o caso de que Esteban praticase sexo con tres mulleres diferentes nunha semana. Cais serian os comentários que se farian sobre el? Os homes dirian:

- Ey tio, , inteirache-che de Esteban? O que chefe! Con tres tias en seis dias

Sen embargo... , Cais serian os comentários das rapaces? Gostaria-me que expusiérais as vosas opinións sobre este tema. ¿ É certo iso? Debemos ser os homes, os que deamos o primeiro paso?...

Sexo en Nova Iorque? E o resto, que?

Sexo en Nova Iorque? E o resto, que? Sexo en Nova Iorque (en versión orixinal Sex in the city), é unha serie norteamericana que relata a história de catro mulleres amigas que se contan tódalas súas inquedanzas, en especial, unha principal e non menos importante: o sexo. Todas as súas aventuras sexuais son explicadas ao detalle, as suas relazóns, a maneira na que tratan de seducir ao sexo oposto, o acto físico en si e os problemas tanto físicos (nun capítulo Samantha coñece a un home que ten o problema do micro-pene, inferior a oito centímetros), como emocionais ( Charlotte coñece a un home que ao exacular comeza a soltar improperios sen parar contra a muller coa que está a practicar sexo).

O simbolismo da cidade é outro aliciente que lle dá nome á série. Non é o mesmo Nova Iorque que calquera outra cidade dos Estados Unidos. Esa personalidade que pecha a metrópolis se ve reflexada nas protagonistas da história que son Carrie (interpretada por Sarah Jessica Parker, Mars attacks!, Ed Wood), Samantha (Kim Catrall, Crossroads, 15 minutos), Charlotte (Kristin Davis, Nove meses, Melrose Plase) e Miranda (Cynthia Nixon, O cuarto de Marvin, O informe pelicano), unhas treintañeras con diferentes formas de pensar, pero que a pesar das diferenzas, se apoian e están sempre xuntas.

A novela do escritor Candance Bushnell, Sexo na cidade, foi a inspirazón para que Darren Star producise esta serie difícil de catalogar, ás veces comédia, ás veces drama. Creo que pode ser que represente ben o que é o lado feminino. Creo, estou a dicir. Porque non sei realmente como pensades vós, e vós se sabedes como pensamos nós , non? Homes e mulleres. É un tema moi complicado, pero que mereceria a pena debater. En outros artigos irei escribindo unha explicación do perfil de cada unha das protagonistas.

A serie emítese en Antena 3, de martes a xoves ás 2.00h, pero ainda que fose situada na franxa de madrugada, está a ter unha espectacular acollida entre os teleespectadores. Tamén se pode ver no canal COSMO (en Digital + ou para nosotr@s, os galegos, en R).

¿ A indecencia? ¡ Iso nin pagando!

¿ A indecencia? ¡ Iso nin pagando! Todos lembramos o incidente que supuxo tema de conversación principal durante moito tempo nos EEUU. Non a guerra de Iraque, nen as campañas electorais que comenzaban, nen o conflito palestino-israelí. Senón unha simple teta. Sí, o que están a ler. Unha simple teta, que dá igual que sexa de Janet Jackson ou de calquera outra muller do planeta. Non é mais que unha parte do corpo como outra calquera, dunha muller. O feito de que o cantante Justin Timberlake, desprendiera unha parte do vestido da Jackson, que ofrecía a cámara un peito da cantante (decorado con unha perla brillante de cor gris, para que aos morbosos non se lles ocorrese ver o pezón da famosa intérprete, para máis inri, tanta polémica, e encima a cantante non mostra o seu peito de maneira desinhibida e total). O detalle curioso que merece a mágoa apontar, é que eses dous segundos emitidos no descanso da Superbowl, supoñeron millóns de descargas e de visitas na rede, máis que calquera outro portal de Internet de contido erótico ou pornográfico durante o mes de febreiro do pasado ano.

Ese 1 de febreiro de 2004, no que Janet Jackson enseñou un dos seus peitos, Estados Unidos xa non voltaría a ser o mesmo país. Porque o país estaba escandalizado, pero ao mesmo tempo contento co suceso (por iso engádolles o dato da rede de Internet).

Outro suceso que conmocionou ao país, foi que o día 28 de agosto de 2004, durante a gala musical de MTV, tres cantantes que estaban a realizar unha actuación para o evento: Britney Spears, Madonna e Christina Aguilera realizasen un acto considerado por algúns de moi mal gusto. Madonna, situada no centro durante a actuación, nun momento que a voz da canción estaba pausada, decidiu xirarse cara a dereita e dárlle un bico a Britney. Ante a estupefacción dos xornalistas, fotógrafos e demáis persoal, Madonna acabou xirando cara o outro lado e dárlle un bico tamén a Christina.

Ambos sucesos foron excusados totalmente polos "artistas", ciñéndose a que foron accións improvisadas, que non tiñan a intención de causar polémica nen de chamar a atención... Non era nada preparado, todo fora espóntaneo e do momento. A partir destas dúas "indecentes actuacións", os medios de comunicación non ían permitir que voltara a pasar. Así que decidiron que non ian retransmitir a programación a tempo real, é dicir, que ia deixar de existir o seu live(en directo). As retransmisións se realizarían dous segundos despois, e asi en caso de escándalo televisivo, a xente non se vería "contaminada" polas aberracións que a algunhas persoas acostuman tentar compartir co resto. Supoño que coñecerán o ton irónico e de sarcasmo no que estou tecleando agora mesmo, ¿non?

Pois ben, tras colocar esta breve (ainda que interesante) introducción, vos vou pór ao dia en como está a situación actual. Aquelas "normas da decencia" establecidas no seu momento polo FCC foron endurecidas severamente polo seu novo director, Kevin J. Martin, o cal fora selecionado polo presidente dos Estados Unidos de América, o señor (por dicir algo) George Walker Bush. A FCC (o acrónimo de Federal Communications Commission) decidiu trasladar a decisión de censurar a programación dos canais de televisión por cable, satélite e dixital (todos os canais de pago), e practicar a política contra a "indecencia". polo tanto que os usuarios que teñen antena de pago por visión, poden estar satisfeitos, xa que a decencia vai reinar na súa información e cultura audiovisual.

Por un bico... ¡ eu si sei que te diere por un bico!

Por un bico... ¡ eu si sei que te diere por un bico! En relación ao artigo anterior, gustaríame falar un pouco máis do incidiente da gala de premios da MTV, no cal dúas "divas da canción" para o mundo enteiro (pola cantidade de discos que venden, e a cantidade de premios que reciben...) Britney Spears e Christina Aguilera, bícanse cunha das grandes cantantes de pop de tódolos tempos: Madonna. O acto supuxo polémica porque nel participou a virxe máis desexada dos Estados Unidos, xa que Britney decidiu declararse ante os medios como muller puritana e virxe, que non praticara actos sexuais ata o momento. En España, apareceu no programa La casa de tu vida, unha muller que revelaba o seu mesmo segredo, e que creo que se deberia manter xa á marxe da televisión, porque non é o seu (sinto se amolei a algún admirador da famosa casposiña, pero eu escribo o que penso). Parvadas aparte, o feito de que as cantantes se bicasen ainda é lembrado por todo o mundo. Non só polos EEUU, xa que a notícia tivo unha repercusión internacional tremenda, xa que ao mellor o mesmo que comentaban a polémica en Cincinnati, o estaban a facer en Albacete.

Britney Spears (a cal tivo unha relación co protagonista do artigo anterior - non, o director de FCC non, nen o presidente Bush- o cantante Justin Timberlake, o cual supoño todos saberíades) afirmara que era a primeira vez que bicaba a unha muller, e que, ainda que deixaria pasar un tempo para que se calmasen os ánimos, o voltaría a repetir...

¿ Que pensades de todo isto? ¿ Cren que a política da "decencia" chegará a España? ¿ Unha teta e un bico son algo maravilloso, ou sen embargo, prácticas suxas e indecentes? Rógolles: comenten, escriban, inventen, pensen....